ARUME DOS PIÑEIROS

CAXIGALINES NELA REGUERA'L CAMPIZU

Archive for Setembro 1st, 2009

ESCRUTINIO NO GIUBBE ROSE

with one comment

No Giubbe Rose un pode sentar na cadeira que un día serviu para Montale ou para Marinetti e ao tempo ser un perefecto descoñecido para a cuadrilla de camisas vermellas que só atenden (con pratos de rúcula e parmigiano sobre leito de bresaola a prezos estratosféricos) aos estranxeiros na terraza. Pode un ser transparente, pousarse sobre as aspas dun ventilador algo inútil e pretender tomarse un café shakerato no seu interior. Pero se alguén comete a torpeza de sentar nunha terraza idéntica ás outras, pode perder esta estampa fantástica dun home alleo á pompa turística e entregado ao escrutinio do seu vello país, agora en mans de procuradores de muslos novos nas costas esmeraldas.  

Written by arume

01/09/2009 at 19:02

Publicado en Uncategorized