ARUME DOS PIÑEIROS

CAXIGALINES NELA REGUERA'L CAMPIZU

Archive for Setembro 4th, 2009

NUN FULMINE

with 4 comments

Imagen118

Il miglior tempo della nostra vita
E lungamente ci dice addio.

V. Cardarelli 

Non son coma aqueles que precisan
Un soño ou un bico de mármol
Para desexarse mortos ou espidos de mágoa.
Basta que estes ollos de pedra neguen a praia.
Subir unha ponte coma quen sube unha nube,
Estirar a cabeza por ver, por riba das gárgolas,
Un renxer de madeira.
Por oír, ou pretendelo,
A maré morna dunha noite de xanelas abertas
E voces de nenos que non queren lavarse.

Written by arume

04/09/2009 at 22:38

Publicado en Uncategorized

PÁRKING RENACENTISTA

with one comment

Imagen013

Debeu de ser aló polo 89 ou cousa así. Non recordo onde é: pero resulta unha sutil recurrencia do patio sienés. Aproveito para preguntar aos ourensáns amantes de renacementos desamortizados por Mendizábal me fagan saber onde pode ubicarse tal párking.

Montederramo, i think.

Written by arume

04/09/2009 at 20:40

Publicado en Uncategorized

UN MAPA FAMILIAR

with one comment

Imagen120

Como a xente corre por ver a Capella Sixtina e as Stanze de Rafael, que son o máis do máis, case non dá tempo para admirar o corredor, para min extraordinario, de mapas da península itálica. Cansei de facer fotos a case todo, pero o meu móbil non vale para as distancias cortas. Non obstante, puiden facer este pequeno asemello da pintura minuciosa dunha vila en alto da Apulia, a Puglia de hoxendía, de nome certamente familiar.

Written by arume

04/09/2009 at 00:44

Publicado en Uncategorized