ARUME DOS PIÑEIROS

CAXIGALINES NELA REGUERA'L CAMPIZU

IDOLATRÍA DE MASAS

with one comment

1237399626583_005

Asisto entre perplexo e desanimado á marea idólatra de xente que durante os fins de semán de verán acude aos santuarios de Galicia na procura da intervención milagreira do santo ou, na meirande parte dos casos, da Virxe ubicua e especialmente querenciosa de vales, cumios e cons desta terra: centos de miles, que, sumados aos que se apuntan a procesións de cristos de victorias, a peregrinacións para ver apóstolos espadachíns ou para glorificar copóns dourados entre fiunchos e xeranios, constitúen unha devota moitedume que conserva (e incrementa) para o meu pasmo a negra superstición dos pobos. Non quixera facer aquí lamento ou elexía do que puido ser e non foi nin tampouco laio correspondiente da forza de ferro e lume empregada para inculcar nestas terras durante anos o medo e o temor de deus. Pretendo simplemente certificar a derrota da ilustración e explicar (non todo, pero si moito) o país que temos diante; algúns (mesmo presumindo de progresismo ou de defensa de valores propios) dirán que é a nosa cultura, o noso modo de vida. Será o deles, non o meu. E espero e aspiro a que algunha vez deixe de selo.

Mentres tanto, á data de hoxe, vexo difícil recuperar un país libre con eses vimbios.

[Sempre me pregunto por que, en contradicción flagrante, atopo marabillosa a Semana Santa sevillana, se tamén vexo nela o rauto invencible da superstición e, ao tempo, a marca iracunda da clerigalla de postguerra na difusión obrigatoria da fe e da devoción cristiá. Pero non sei respostarme de forma convincente: será que resulta todo demasiado estrano, demasiado exótico].

Written by arume

14/09/2009 ás 19:00

Publicado en Uncategorized

Unha resposta

Subscribe to comments with RSS.

  1. Tes máis razón que un “santo” ¿onde hai que comungar?

    Ana BAnde

    14/09/2009 at 23:59


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: