ARUME DOS PIÑEIROS

CAXIGALINES NELA REGUERA'L CAMPIZU

PLATAFORMAS

with 9 comments

platleop

Tres plataformas en menos duns meses a prol do galego. Unha tras outra. Que eu saiba e por orde cronolóxica, a expensas de que outra persoa con mellor memoria me desminta, Galego, patrimonio da humanidade, Prolingua e Queremos galego. Podería mesmo engadir pola hexemonía social do galego nesta xeira de reunións convocadas para a defensa e ao tempo promoción (cando esta descende) da lingua galega. Non entendo a proliferación en tan pouco tempo. Ou se debe a unha polixénese minifundista que probablemente procura unha confluencia ulterior ou, o que me resulta máis convincente, se trata da enésima desconfianza mutua entre os adaís dos sectores galeguistas. Non quixera pensar que protagonismos políticos, asociativos ou persoais interveñan na sucesiva presentación de colectivos cívicos de protesta e mobilización. Tampouco quixera pensar que tras este agromar magnífico de plataformas se agoche un excesivo propósito de anular ou escurecer outras. Non teño dereito a siquera sospeitar que receos, cargados coa experiencia dos anos e renovados malheuresemt en tantas distintas iniciativas que se plantean neste país, poidan enturbiar a situación.

O único certo, para min e a estas alturas, é que todo esto cheira a contumaz teima autodestructora que, baixo a fórmula aparentemente xenerosa dos chamados á sumarse desde expendedurías de patentes de corso, remata de modo espléndido por restar efectivos á causa. Oxalá non estea equivocado.

Written by arume

21/09/2009 ás 21:24

Publicado en Uncategorized

9 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Carallo, eu sí que non son quen de imaxinar por qué a pluralidade ergue tanta susceptibilidade ó seu paso…

    cãosemdono

    24/09/2009 at 17:39

  2. A min a pluralidade sempre me pareceu moi ben, pero nestas plataformas vexo sempre a mesma xente, máis ou menos. Sobre todo nas sinaturas. Sería conveniente, polo menos para min, que me explicaran as diferencias: se non as hai, terei que concluir que non hai máis ca numerosas, pero non plurais. A trinidade, en fin, da plataforma.

    masterartesescenicas

    24/09/2009 at 21:24

  3. Boa paciencia (e certas doses de “mala leche”) hai que ter para repasar e comparar as centos ou nalguns casos xa miles de sinaturas. Pregúntome, en plan teólogo xesuítico, cal é a porcentaxe de coincidencia de nomes e apelidos a partir da cal é máis acaído o calificativo de “numerosos” no canto de “plurais”.

    cãosemdono

    25/09/2009 at 11:34

  4. Mala leche non me falta, sen dúbida. Téñoa por moi saudable para vivir. Paciencia bastante menos, pero apostaría unha cea no Maruja Limón (menú degustación mesmo) a que as plataformas teñen un espazo de intersección que tende á fusión dos tres conxuntos.
    EU que asistín á presentación dunha delas puiden ver alí a xente que agora promove outra. Claro está que nese intre anunciou un dos asistentes (promotor agora doutra) que ía estar en todas as que saisen. Non sei se era declaración de intencións ou que non lle gustaba moito aquela na que xa estaba.

    arume dos piñeiros

    25/09/2009 at 16:59

  5. Pois eu non acabo de ver ningún problema neste reducido abano de plataformas que veñen de agromar, sobre todo se se ten en conta que ningunha vai contra as outras, mais ben existe unha complementariedade e unha liña de fondo común. Por outra banda, compartindo todas elas os obxectivos globais, os obxectivos específicos son diferentes: algunhas buscan promover unha iniciativa lexislativa popular e outras, como ProLingua, o que buscan é o compromiso individual coa lingua na vida cotiá. Xaora que hai interseccións, érache boa se así non fose. Eu, por exemplo, estou apuntado en tres delas e non vexo contradición ningunha.

    Un lector

    26/09/2009 at 21:06

  6. Cantas mais, mellor porque a situación, sobre todo en Vigo e concretamente na mocedade é peor que na miña mocedade. O peor é a asociación falante=bloqueiro que se impuso nese sector dos nacionales de todo color, cando non te consideran un “do monte” ou sexa falante=ignorante. Porque para esa maioria social so nos encadran dentro desas duas categorias sendo a primeira a de peor consideración porque xa se sabe: el nacionalismo es lo peor.
    Para os que so somos galegos se mais ismos, que nos queda?
    O de sempre, a rebeldía ante esta autoconsiderada clase media española que nos envolve e menosprecia. Pois que ben. Como cando eramos moziños. Se no fondo habera que darlle as gracias a tanto pailan desleigado que nos fai voltar a xuventude….

    alvarez

    28/09/2009 at 19:26

  7. “el nacionalismo es lo peor”, sáelle en castelán, delatando tamén o seu subconsciente por partida dupla. Nacionlistas somos, e non concordamos coas súas valoracions de balde, ben ao contrario, acreditamos no País, en pe de igualdade con todos os demais.

    balonga

    28/09/2009 at 20:07

  8. Saiume en castelán porque é como sempre o escoito. En canto o meu subconciente, esta rebirichado como galego que vive entre compatriotas que nun 80% vota e confia teimudamente e durante xa mais de 30 anos o seu destino a partidos estranxeiros.

    En canto a nacionalista, non.

    A miña nación é Galicia porque aqui nacin e naceron e viven os meus, non elexin a miña nacionalidade, como si fan o resto dos meus conciudadanos que aplastantemente consideranse españois.

    En canto o acreditar no País, tampouco. É dificil acreditar nunha nación formada por renegados de quenes son.
    Pero anímame leer a galegos como vostede que si acreditan e confian, so lle desexo que continue con eses sentimentos e que moitos mais o fagan.

    alvarez

    29/09/2009 at 13:43

  9. Pois sen entrar polo xunto nin polo miudo nas diferenzas, e recoñecendo o pasado que tivemos, cavilo que dalgún xeito, non é pouco o que vostede tamén acredita na Galicia. Virán tempos mellores e verémolos!.

    balonga

    30/09/2009 at 00:44


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: