ARUME DOS PIÑEIROS

CAXIGALINES NELA REGUERA'L CAMPIZU

SOBRE COLLEDOR

with one comment

alcapone

Leo por distracción os diálogos correísticos. Terei tempo de meterlles o dente máis a fondo, pero polo de agora teño que confesar que me abraian dúas cousas. Por orde cronolóxico, o pracer infantilizado por autos de lujo de estampa hortera con tapicería de coiro negro para presumiren ou por reloxos caros para lociren na muñeca entre bandeira de España e da Comunitat Valencià, polo que son capaces de vender a súa nula vergonza. E, en segundo lugar, e máis importante, a máis absoluta cegueira dos votantes valenciáns ante semellante exhibición de vaidade persoal e política. Como non é capaz alguén de non xulgar inmoral ou mesmo delictivo o seu modo de comportarense, de presentarense en público, incluso de vestirense ou de levaren a raia cortada á navalla a un lado diante dos seus administrados?

Pode que estea eu cheo de prexuízos, pode que me deixe arrastrar por un insano resentimento, propio dos descendentes de roxos que nunca deixaron de admitir se non a loita de clases marxista, sí a vella lenda de que “aínda hai clases”. É posible que todo sexa resultado da miña incapacidade de comprensión do fatuo e do baleiro agochado tras garabatas de hermés. Acepto todo isto, pero non me poderán negar que hai que estar completamente cego, conscientemente xordo e tristemente calado para votar a estes rufiáns que se delatan só coa súa provocadora presencia.

Written by arume

07/10/2009 ás 18:37

Publicado en Uncategorized

Unha resposta

Subscribe to comments with RSS.

  1. Dígolle unha cousa. Isto vai a rematar moi mal para esa xente, pero moi mal, peor do que cren. E Rajoy ten os meses contados. Xa verá. Seguro. No PP ten que haber moita xente honrada que en pouco tempo vai dicir: atá aquí chegamos, amiguiños, que cada pau terme da súa vela. Se non, van a afogar todos, e todos non serán xilipoias, digo eu.

    De la Highway 61

    07/10/2009 at 23:47


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: