ARUME DOS PIÑEIROS

CAXIGALINES NELA REGUERA'L CAMPIZU

DESFOGO MATUTINO

with 3 comments

fAs persoas de avanzada idade (ou idade avanzada, non sei se a orde supón unha pequena variación de sentido: eu creo que si) ou, en linguaxe políticamente incorrecto, as vellas (os vellos van a mandado á compra e case sempre teñen pouca ou ningunha présa) que atopamos no supermercado, nomeadamente próximas á cola, ou sofren unha transformación radical en vendo a unha caixeira que as leva a parecer o diaño de Tasmania ou son así de retorta nación ou de educación incompleta. Porque non é normal a agresividade, a impaciencia e o pésimo leite que gastan tan axiña coma ven que hai máis de dúas persoas agardando. Berran de forma animal á encargada, con movemento de caxato incluido, puxan con habelencia ao pánfilo de diante que non agarda semellante búfalo polas costas a pesar do minguado do seu corpo mesmo ensarillado ou, no caso menos violento, pasan por diante aducindo un non sei que que quedan boreando ou sen aducir nada ancha es Castilla. Un tende, ás veces, a comprender esa actitude, a explicarse que motivos poderosos e íntimos e insospeitados levan a esas mulleres a atacar violentamente aos seus semellantes en especie co propósito de non teren que agardar, sobre todo despois de que un as mira escarranchadas, cunha perna tolleita ou cunha zapatilla ortopédica para superar dores e aliviar enfermidades. A compaixón que esta imaxe suscita sempre é inútil cando as atopas nas beiras da caixa do super. Un mira e remira a vella e non atopa ese pequeno fulgor de comprensión do outro, ningunha pinga de piedade: directamente sinte que o sangue se lle sube á cabeza e ten desexos de berrar barbaridades unha tras outra e de deixala agardar quince minutos máis, cunha conversa tranquila co caixeiro ou coa procura lenta da moeda de cinco céntimos que curiosamente queres quitar do peto máis difícil pase o que pase. Nada disto, no entanto, sucede: a vella consegue pasar e, con frecuencia, pasado o trámite, detén o seu vagar tranquilo coa primeira amiga que atopa tras consumar a aventura.

E logo falan da rapazada incivil. 

Nota: a foto do Fairway de Broadway ilustra e dá a esquecemento da furia o rudo encono.

Written by arume

08/10/2009 ás 13:45

Publicado en Uncategorized

3 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Ben, tivo vostede unha mala experiencia esta mañá. Acredito ao cento por cen as súas verbas.
    Pero tamén creo na rapazada incivil que xa non se ergue no Vitrasa para lle deixar sitio a vellos/as e embarazadas.

    bouzafria

    08/10/2009 at 16:53

  2. Por telo percibido tamén, acredito en todo o que di, comparanza final inclusive. E aínda diría máis, é semellante ao coportamento das persoas que cando suben a un coche, entránlles présas de sobra, aínda que vaian en viaxe a ningunha parte pola cidade.

    balonga

    09/10/2009 at 12:23

  3. Esta sociedade sobreprotectora da infancia engordada a base de bledine está convertindo os nenos en reis do negociado, non vaia sexr que sufran e traumaticen. Puxen vostés a un autobús e vexan: nais e avoas de pé, mentres o captivo vai felizmente instalado.
    Por outra banda, non cómpre mitificar a vellez coma o paradigma da sensatez e da temperanza. Ao facérense vellos, moita xente vólvese extremadamente egoísta, e así vemos a vellas feitas e dereitas intentando colarse diante nosa no súper ou dando cobadazos a todoquisque nas feiras gastronómicas para poder coller elas primeiro as marmitas co condumio.

    ms

    09/10/2009 at 13:39


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: