ARUME DOS PIÑEIROS

CAXIGALINES NELA REGUERA'L CAMPIZU

A MIÑA RADIO

with one comment

RADIO ANTIGUAA miña emisora de radio preferida (única, máis ben) é Radio 5. Non escoito a radio na casa: só no coche e de camiño do traballo. Como adoito tardar vinte minutos no traxecto, o sistema de noticias cada quince minutos permíteme estar ao tanto das novidades sen problema algún. Agora introduciron algún cambio e durante boa parte da mañán e tamén da tarde ofrecen un programa tipo magazín de información permanente. Hai que recoñecer que logran facer unha programación excelente, cun cuidado moi grande pola expresión oral, cun nivel de análise política moi notable e sen divismos de ningunha clase. Abordan sempre asuntos de actualidade, sempre moi ben preparados, lonxe de calquera simpleza interpretativa, e ademáis de xeito moi agradable e mesmo divertido. Hoxe deixeinos entrevistando a Patarroyo, do que quitaron extraordinarias explicacións, a un nivel máis culto do habitual (que non está rifado coa divulgación e co sentido de servizo público), pero entretido e cordial. Cando ía para o traballo, escoitei unha alfaia da crónica xornalística, asinada por Santiago Cribeiro e Seve Cajide, sobre o rito tridentino na parroquia de santa Cristina en Oza dos Ríos. Impagable reportaxe que non son quen de atopar na programación da súa páxina web.

Levo escoitando esta canle desde case sempre. Algunhas seccións dan arrepíos (coma a de Pardo de Santayana), pero o normal é atopar información divertida (Paco Clavel e a súa Extravaganza), interesante (as magníficas roldas de corresponsais), macabra (Nieves Concostrina en Polvo eres) ou curiosa (a algo purista Hablando en plata, non sempre acertada, de Amelia Fernández). Músicas de estraña orixe e difícil acceso, que non atopan oco noutras canles, tamén teñen o seu espazo nesta magnífica e verdadeira radio pública. 

Non sei se a súa estructura en doses pequenas, fragmentaria e exposta en forma de mosaico, semellante en audio (o ida e volta do podcast) ao que contemplamos nas páxinas en Internet, contribúe  á miña predilección. É moi posible, pero estou seguro de que, como dicía aquela vella publicidade dos reloxos sanyo, algún día todas as radios se fabricarán así.

Written by arume

09/10/2009 ás 16:04

Publicado en Uncategorized

Unha resposta

Subscribe to comments with RSS.

  1. A mín pásame o mesmo, gosto moitísimo destas pequenas “monodosis” informativas. Penso tamén que por eso gosto tanto do Twitter e do microblogging, non sei se é falta de concentración pola miña parte, ansiedade contemporánea por telo todo concentrado no momento ou, como comentaba unha vez un lector do meu blog (espacio de autopublicidade, qué demo)falando dos microrelatos, preguiza para escomenzar algo de máis calado. Pero esas actualizacións puntuais, as que vou agardando case con obediencia de”día de guardar”, engánchanme completamente.
    POr certo, Paco Clavel e máis eu somos “uña y esmalte”.

    Sigrid

    10/10/2009 at 13:09


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: