ARUME DOS PIÑEIROS

CAXIGALINES NELA REGUERA'L CAMPIZU

EL GÜELU FÉLIX

with one comment

Imagen006

Atopo a contestación (ano 1953) á solicitude do meu avó, garda municipal, de revisión do seu expediente de depuración co obxecto (ao parecer) de cobrar unha pequena indemnización por servizos prestados nos anos 1931-1936. Nela descríbese a razón da súa depuración como traballador do Concello. E velaaquí o delicto, do que eu agora me sinto fondamente orgulloso: “fue destituido por ser de filiación política marxista, reuniéndose en su casa gentes de izquierdas, y habiendo prestado servicios a los rojos, cargos que revisten una gravedad extrema, dado el empleo del solicitante”.

Written by arume

06/09/2009 at 21:25

Publicado en Uncategorized

ARCADIA 89

with 5 comments

04092009829

Tamén foi por volta do 89, pero non atopo agora correspondencia, agás a marxista pose de Mr. Houses tras opípara pulpada ou os puntos suspensivos en forma de bolardos que nos unen, da cuore a cuore. Forever.

Written by arume

05/09/2009 at 13:10

Publicado en Uncategorized

NUN FULMINE

with 4 comments

Imagen118

Il miglior tempo della nostra vita
E lungamente ci dice addio.

V. Cardarelli 

Non son coma aqueles que precisan
Un soño ou un bico de mármol
Para desexarse mortos ou espidos de mágoa.
Basta que estes ollos de pedra neguen a praia.
Subir unha ponte coma quen sube unha nube,
Estirar a cabeza por ver, por riba das gárgolas,
Un renxer de madeira.
Por oír, ou pretendelo,
A maré morna dunha noite de xanelas abertas
E voces de nenos que non queren lavarse.

Written by arume

04/09/2009 at 22:38

Publicado en Uncategorized

PÁRKING RENACENTISTA

with one comment

Imagen013

Debeu de ser aló polo 89 ou cousa así. Non recordo onde é: pero resulta unha sutil recurrencia do patio sienés. Aproveito para preguntar aos ourensáns amantes de renacementos desamortizados por Mendizábal me fagan saber onde pode ubicarse tal párking.

Montederramo, i think.

Written by arume

04/09/2009 at 20:40

Publicado en Uncategorized

UN MAPA FAMILIAR

with one comment

Imagen120

Como a xente corre por ver a Capella Sixtina e as Stanze de Rafael, que son o máis do máis, case non dá tempo para admirar o corredor, para min extraordinario, de mapas da península itálica. Cansei de facer fotos a case todo, pero o meu móbil non vale para as distancias cortas. Non obstante, puiden facer este pequeno asemello da pintura minuciosa dunha vila en alto da Apulia, a Puglia de hoxendía, de nome certamente familiar.

Written by arume

04/09/2009 at 00:44

Publicado en Uncategorized

CASUS LINGUAE

with 2 comments

el príncipe

Concordan as análises críticas das pezas dramáticas do século XVII español en afirmar o profundo reaccionarismo de todas elas, sobre a base innegable de que todas conclúen co trunfo do estatus social e político dominante e co castigo da subversión ou da rebeldía de calquera signo. Esta afirmación pode valer, con todos os matices que agora non veñen ao caso (mesmo coa negación da mesma), para obras de contido político, estea ou non encuberto ou agochado con metáforas e traslacións oportunas. Pero para as comedias lixeiras (as de capa e espada ou de enredo), esa consideración aínda resulta menos sólida, xa que o que busca o espectador non é ningunha mensaxe sobre a inviolable constitución do réxime social senón a participación durante unhas horas nun conflicto (do que pode aventurar o final) que interesa nos seus propios termos. De feito, ben mirado, o nudo principal dunha obra de teatro do século XVII, aínda que remate de acordo con certas premisas sociais e, sobre todo, con certas expectativas poéticas que admitimos baixo o nome de happy end, amosa un mundo descomposto, repleto de fendas e tachas, que anuncia, se non hai remedio (e sempre hai porque existe o deus ex maquina das comedias), ruína. A xente acode ao teatro para ver ese conficto, para asistir ás leas entre os protagonistas. Quere que a resolución do problema quede para o último momento. Mesmo despreza ese final, porque no fondo resulta esperable. O poeta, se quere trunfo, éxito, fama, precisa enardecer e alimentar a polémica. Se non o fai, corre o risco de ver marchar pola porta aos seus queridos espectadores. Debe manter a tensión dramática, despois de urdila co artificio que a experiencia lle permite e co engado de enredos ou falsas identidades. 

Creo que esta é a verdadeira estratexia dos grupos que procuran a perda de valor do galego nas institucións, despois de varios anos de acordos unánimes sobre a preferencia e a hexemonía do idioma galego (como lingua propia e lingua a conservar) nos distintos niveis da administración pública. Onde non hai problema algún, o político do PP (avisado e experimentado noutros enredos semellantes) trata de urdir conflicto. Non procura un fin determinado, a pesar das apariencias, non. Entende que o interesante é a polémica, a creación dun estado de ánimo en perpetuo debate. Desatende o final (aínda que necesita presentar unha proposta que sabe de antemán vencida) porque sabe que o que move (como os casos de honra no século XVII, que “mueven con fuerza a toda gente”) é o caso, o enmarañamento (o nudo) do asunto. O desenlace xa se verá: a verdadeira finalidade dunha proposta como a de López-Chaves hoxe é a de provocar a lea e prolongala ata que o vencimento da peza, alá polas novas eleccións municipais, dea os froitos desexados: o aplauso dos seus por maquinar semellante alboroto. Que diso se trata.

Written by arume

03/09/2009 at 22:13

Publicado en Uncategorized

ITALIA EN PERIGO

with 5 comments

Imagen043

Así remata o comentario no diario La Repubblica o seu director Ezio Mauro, despois de que Berlusconi dixera do seu editor, Carlo de Benedetti, que era un editor suizo, e do seu director, o propio Mauro, que era un coñecido evasor fiscal. A reacción do xornalista e de toda a (pouca) prensa italiana que non está en mans del cavaliere menorero aumenta cada día en irritación e desacougo. Cartas de protesta, asinadas por Eco, Moretti, Fo, Benigni, Saviano, Ammaniti, Camilleri, e miles de comentarios na prensa escrita, sobre todo, amosan a indignación da clase política e social italiana. Esta que transcribo, de hoxe mesmo, se cadra, é unha das manifestacións máis elocuentes dun longo repertorio de textos críticos.

Se Dino Boffo (o director de l’Avvenire, o xornal vaticanista, a quen un diario berlusconiano atacou con indignas insinuacións sobre as súas preferencias sexuais) salva a pel, despois deste acribillamento, é porque a Igrexa se sinte ofendida polo ataque contra el e se coloca como potencia contra potencia. Pero a vindeira presa, a vindeira víctima (un maxistrado que investiga, unha testemuña que fala, un xornalista que escribe e fai preguntas), non tendo un estado estranxeiro ás súas costas, por quen será defendida? O home político que pasou á historia como o máis feroz nemigo da prensa, Richard Nixon, non usou para se defender nin unha décima parte dos medios que Berlusconi emprega contra os xornais considerados nemigos. Se queremos buscar un parangón, debemos mellor recurrir a Vladimir Putin, de quen non por casualidade o Premier é o seu máis grande amigo.

A estratexia da mentira, Ezio Mauro. La Repubblica, 2 de setembro de 2009

Written by arume

02/09/2009 at 22:52

Publicado en Uncategorized

PATIO CELESTE DE SIENA

with 4 comments

Imagen124

Sempre gustei destes aparentes contrastes. Un pequeno patio, recén pintado, cunha cor azul celeste e pálida como de rococó insultante, en contraste co apagado ocre das paredes de Siena, suxo e escurecido polo tempo e sempre presentado en toscos materiais de ladrillo e terra apenas gramada. No medio, disposto para sair, un omnipresente cinquecento, dun vermello intensísimo, como de labio recén bicado e mordido, limpo e brilante.

Desde a rúa, de pedras serenas negras, con apariencia volcánica, as cores chamaban por min.

Traspasei o limiar do patio só para gardalo nesta memoria.

Written by arume

02/09/2009 at 21:01

Publicado en Uncategorized

MUDANZAS

with 2 comments


Coa anotación número 777 vou probar unha cousa: vou pasar uns días a wordpress a ver que tal se porta. Deixo viradas as contras desta casa, por se acaso, pero advirto que me vou uns días a ESTA SEGUNDA VIVENDA. Agradezo os comentarios sobre que casa gusta máis ao hospedaxe tan amable que me visita. Deles depende a elección.

Nota: seica ao Trebi lle vai gustar a mudanza provisoria. 

Written by arume

02/09/2009 at 17:44

Publicado en Uncategorized

ESCRUTINIO NO GIUBBE ROSE

leave a comment »

Imagen111

No Giubbe Rose un pode sentar na cadeira que un día serviu para Montale ou para Marinetti e ao tempo ser un perefecto descoñecido para a cuadrilla de camisas vermellas que só atenden (con pratos de rúcula e parmigiano sobre leito de bresaola a prezos estratosféricos) aos estranxeiros na terraza. Pode un ser transparente, pousarse sobre as aspas dun ventilador algo inútil e pretender tomarse un café shakerato no seu interior. Pero se alguén comete a torpeza de sentar nunha terraza idéntica ás outras, pode perder esta estampa fantástica dun home alleo á pompa turística e entregado ao escrutinio do seu vello país, agora en mans de procuradores de muslos novos nas costas esmeraldas.

Written by arume

02/09/2009 at 14:46

Publicado en Uncategorized